Vistas de página en total

miércoles, 22 de marzo de 2017

Guerra de putas en Vigo e outras noticias que non saen en prensa

Ás veces as noticias caen nas nosas mans sen buscalas. Iso pasoume hoxe. Resulta que sen eu o saber, paso boa parte das miñas xornadas a escasos metros dun dos puticlubs máis famosos de Vigo. Ese que lle chaman o Piso S. Seica esta fin de semana un dos ionquis que pululan por esas rúas acoitelaron ao compañeiro sentimental de S. a plena luz do día. Os policías que rexistraron a denuncia saudaron amablemente a S e ao seu compañeiro que tivo que ser atendido nun hospital. Parece que Piso S vai como un tiro, segundo din con clientela abonda e que as mulleres que alí traballan sacan uns 6000 ao mes. (Eu non o creo a verdade), e iso que S obrígalle a comprar alí o tabaco ao dobre do prezo que custa na rúa. Tamén souben hoxe que outra famosa madame de Vigo que tiña unha Casiña chamada E, foi xefa de S. E que tiñan unha loita sen cuartel pola clientela, que ben puidemos ver todos no Faro: A Casiña de E contra o Piso S. A loita fraticida acabou co peche de E.Continuará? O caso é que a noticia de S non saíu en xornal ningún o eu non a mirei. Tanto poder ten S?

No hay comentarios:

Publicar un comentario