Vistas de página en total

jueves, 28 de marzo de 2013

A curta escapada do mono Nano

Nano quixo ser tan famoso como o mono Paco, rei dos macacos nos noventa.Primate famoso e verdadeiro arty monkey! Quixo fuxir na semana santa, coñecer mundo, saír da Madroa onde naceu; pero tardou poucas horas en volver. Nano saíu da Illa dos monos, do seu paraíso artificial, superou o cristal que delimita a illa, chimpou sobre unha árbore e entrou no foxo dos leóns. Logo coñeceu o mundo exterior. Non chegou lonxe. Vería a estrada e o monumento ó zoo e a canceira municipal. Alí si que viven mal os cans e os gatos, que aquilo parece un campo de concentración. Ai Nano, Nano, se hai xente que vive peor ca ti. Con ese chan de calefacción radiante, con eses deuvedés que proxectan esceas da vida salvaxe... mellor estás no zoo que na triste vida real.

lunes, 25 de marzo de 2013

Cliente preferente?

Hai dúas palabras que xa nunca significarán igual en Galicia: unha é preferente e outra é prestige. Aquí xa ninguén quere ser cliente preferente nin consumir xeados ou tartas prestige, porque as palabras non son inocentes ou si?

domingo, 24 de marzo de 2013

Obradoiroleaks

Desde que Manolo, o electricista escribira o seu obradoiroleaks que circula pola rede e en modestas fotocopias polos bares de Santiago, a novela de Vázquez Taín deixou de venderse. Houbo quen pensou que o roubo do Códice tivo un final moi cutre, de serie B.Un electricista border line, un agocho nun garaxe dunha "banlieu" de Santiago, rodeado de bolsas do Froiz? Moi pouco cool para un argumento de John Le Carré ou sequera de Domingo Villar ou de Pedro Feijóo. Pero "hete aquí" que vai Manolo, ó que parece que lle falta un cable rouba o Códice e escribe unha historia que parece o escrito de acusación do fiscal do caso Arny ou un microteatro de Chueca. Ai, Manolo; que pouca vista para os negocios! Estánse forrando en Tórculo coas fotocopias e ti deixaches o obradoiroleaks no notario, se polo menos llo venderas a "El País" ou a Interviú tiñas para pagar a esa avogada narquista que te botaches... pero que son os cartos para ti? Se cadra aínda tes outra maleta con tres quilos no faiado e unha reprodución do Tumbo A baixo a lareira...

sábado, 23 de marzo de 2013

Antoñete versus Bárcenas

A min Bárcenas paréceseme a Antoñete, con eses penachos brancos nas tempas e no cranio. Paréceme un toureiro por como vapulea este gran touro chamado España e esa gran gaivota cuprofaga que é o PP. O que non ten Bárcenas é esa vergonza que se lles presume ós que practican a disciplina da tauromaquia. Porque Bárcenas non ten vergoña e si manta da que tirar.

viernes, 22 de marzo de 2013

De canto nos custa ir de putas co rei

Vivimos nun país en ruinas.Onde só uns poucos gozan de barra libre e os demais pagamos. Os seus sobres, as súas copas, as súas raias andaluzas, e mesmo as putas. Porque a Corinna pagámoslle nós:as reformas da casa, a seguridade público-privada( como o hospital novo de Vigo),seguramente as pulseiras e as viaxes tamén. Non é a primeira que nos custa cartos, antes din, pagáronlle a Bárbara Rey e a Antonia del Atte para que non falaran. A algunhas asignóuselle unha mensualidade durante algúns anos. Paréceme demencial. Pero levala ademais ás viaxes oficiais,outorgarlle pasaporte diplomático, facela representante de todos nós,deixala facer negocios en nome do país. Levala nas viaxes canda a raíña. Que imaxe de país! Din que tódolos reis que no mundo foron tiveron validos, favoritos, amantes e bufóns. En Versalles no Pétit Trianon disque María Antonieta levaba ós seus amantes. Alí agochada entre xardíns. Pero aquí no século XXI cando tantos cartos faltan en tantos sitios estamos fartos de pagar; a xentalla coma esta que nada fai. E este señor que está chocho podía ter gustos menos caros, podía aquelar unha churri na Casiña de Helena, ou na Ferrería por non mandalo á da Collona que tan propio de Vigo sería. Por min que se vaia, el e todos, xa non estamos para pagar putas, nin viagra a este señor

viernes, 15 de marzo de 2013

Mellor calados

Non podo con ela. A súa presenza próeme. U-la humildade? Onde ve-las carencias propias e non só as alleas? A verdade, nena, abúrresme moito.

sábado, 9 de marzo de 2013

Treboada na Illa de Perdidas:do chonismo ó chandalismo caudillista

Dos directores de "Lo imposible" e do "Método Gröngholm dos guionistas de "Nada, mentiras e cintas de vídeo" cos protagonistas de "Los miserables" e dos " Xefes pasaxeiros" xorde o penúltimo capítulo de "Perdidas"´: "Máis perdidas ca nunca". Banda sonora: Los calis, Los Chichos e Los Chunguitos Starring by Almodóvar, Iker Jiménez e Juan Antonio Bayonas. Unha forte treboada que deriva en tsunami afecta ó arquipélago de Perdidas. A dirección do programa quere emiti-lo fenómeno adverso en directo, pero non o consiguen. Maruja berra mayday, mayday, my God my God, pero como sempre non dá feito. -Volveuse estraga-la LSD di Maruja toda farruca. - Pero que LSD nin LSD di Pija? - Si, a LSD a conexión da internet que non furrula teima Maruja. Choni está desolada, a treboada, o tsunami e o tornado arrasaron con todo o campamento base que ela conseguira deseñar. Anda moi alporizada e perde o control cada cinco minutos xa ninguén lle fai caso. - Mellor sería que fosemos a Splash ou a "Mira quen salta". Co trebón o programa déixase de emitir e a dirección da canle achégase en helicóptero ata o Peirao de Rodas; queren ver in situ por qué fallou a emisión. Aqueles días o bar do Porto é un constante desfilar de abrigos e chaquetóns de veludo, uns de orixe aninal e outros de orixe sintética. A cantina do porto aparece chea de pintadas: "Chonismo is dead" que ninguén sabe que significa porque aquí a lingua oficial é o castrapo. A dirección da canle quere redefini-lo programa na procura de maior eficiencia,e busca un novo comandante presidente chavista, un chandaleiro como o Gran Hugo Chávez Frías. Si, era boa idea elixir no novo reality show da tempada un novo líder político; Antena 3 anda á procura dun novo Papa, A Nosa Terra tv montou outro reality na procura dun novo presidente da RAG, El Mundo TV montou outro para atopar un novo Rei, Atlántivo TV busca unha nova Corinna Porro; por qué nós non imos buscar un novo líder bolivariano para Venezuela, aínda que sexa aquí nas Cíes? Fundido a negro?

martes, 5 de marzo de 2013

Todos estamos nominados

Xa son cinco millón e poden ser máis. María traballaba de alta executiva nunha empresa de automoción.Traballou desde os dezasete anos,dando clases e demais.A semana pasada déranlle un coche de empresa de alta gama, un i phone 5. Sentíase feliz e relaxada, nestes tempos de crise tiña chollo e era bo. Era a envexa do seu entorno. Aínda non baixara da nube, aínda non lle dera tempo a instala-lo instagram nin o whastsapp cando ó luns seguinte non a deixan entrar no seu despacho, pídenlle o móbil, o ordenador portátil e déixanlle o coche só para vover á casa. Parece que só pasa nas películas pero é verdá* agardárona con esa caixa de cartón color café con leite e deixáronlle só pasar a recolle-las súas cousas persoais. Indemnización e paro. Nunca en tal se vira. Tampouco se vira en tal Ana R, xefa de peche dun diario rexional do norte de España. Imprescindible, igual traducía do euskera un comunicado de ETA ou paraba as máquinas á unha menos dez porque souberan da morte de Fraga ou dun montañeiro desaparecido en Aralar,salarios low cost e xornada laboral extra large fixeron que se fose do seu diario polo seu pé. Rematar ás dúas da mañá e comezar ás dez da mesma mañá non ten xeito nin maneira nin hai corpo que o ature, nin sistema nervioso que o resista e por iso Ana se foi. Un ano de indemnización e ó paro a descansar vía ERE. A desesperación levouna ata aquí, logo de pasar no Polígono de Areta case a metade dos seus últimos dezaoito anos. E quedan máis, oxalá non fose, agora que por fin os gromos verdes parecen saír á luz.