Vistas de página en total

miércoles, 27 de febrero de 2013

Xente que quere decidir por ti

Me gusta cuando callas, cuando no te metes,cuando no quieres decidir por mí. Me gusta que respetes,no me gusta tu soberbia, ni tu manipulación. No me gusta tu discurso prefabricado y repensado; no me gustan tus silencios,no me gusta el cuchicheo, no me gusta el "sotto voce". No me gusta. No me gustan estos tiempos.Dicen que los cursos de manipulador de alimentos son caros, los de manipuladores, bien baratos son.

viernes, 22 de febrero de 2013

O chairego solitario

Sentirse mal, moi mal. Ver de facer como que nada; ver de non facer nada! Ver como hai quen amaga un favor e fai unha putada. Alucinar, soñar, ter pesadelos!

martes, 19 de febrero de 2013

Sex in the island

Os seguidores desta serie barata poderían pensar que as nosas tres protagonistas son seres asexuados máis pendentes dos nenos, das marcas, da roupa ou dos médicos, pero non tal. Na illa como na vida en xeral hai sexo, como parece que tamén o hai na Catedral. A chegada da primavera fai estragos entre as nosas tres protagonistas, que non deixan de comenta-lo bos que están os técnicos. A Maruja gústalle especialmente un da Coruña moi novo e moi guapo; a Pija parécelle novo máis. -Está moi bo, pero está "poco hecho". -Como "poco hecho"? Di Maruja. -Si, fáltanlle canas,malahostia, engurras e vivencias... - E barriga e chepa non? Di Maruja con sorna. Que "poco hecho" nin "poco hecho" si fai falta o fago eu!!!!

lunes, 18 de febrero de 2013

Xaneiro, mes "pijameiro" , febreiro mes do fogar

Cada xaneiro nunha pequena cidade do norte ademais da cuña de Multiópticas Rousseau puñan nas radios as cuñas de Alonso,uns grandes almacéns tipo "El Pilar" ou Asefal. "Enero, mes pijamero en Alonso" cantaruxaban aquelas cuñas desde finais de nadal. Tódolos anos así, case tan míticas como as de Tato Garrido na SER de Vigo. Desde aquela teño claro que "enero, mes pijamero", pero agora penso febreiro mes do fogar ou mellor da MANTA. Porque é tempo de tirar da manta,así o entende Diego Torres, que aínda que non é o cantautor, non fai máis que "cantar claro".Precisamente Diego Torres cantaba "Color Esperanza" a canción favorita da outra gran tiradora da manta entre bambalinas. Aguirre gran tiradora da manta, do manteo de Mariano, como o manteo de Sancho. O Mariano, outro vello Quijote que nin a barba lle falta! E que dicir de manteiros? Que nin os de Palencia que lles vendían ós nosos avós no tren. Aí na "pole position" está Torres, como nun taboleiro de xadrez, coas súas Torres, co seu Rei, coa súa Raíña, cos seus peóns e os seus alfils, e de momento parece que todo rematara en xaque mate. Agora que o Duque empeza a desempalmarse e que xa quedou sen Rambla, despois de arramblar con todo. Que veña para aquí, que veña para Galicia, que aquí os temos "cadrados", xa lle demos a Álvarez Cascos a medalla de Galicia tralo Prestige e poderíamoslle ofrece-lo Condado ou o Ducado de Ourense Empalme; poderíalle interesar. Agora que se di que empalma cunha modelo rusa e non coa Duquesa de Empalme. Debe saber Urdanga que Ourense tamén é unha boa terra para o tráfico de influencias, as cacicadas e o nepotismo e para o empalme tamén. Vaille interesar, abofé que sí!!!

De verbo a verbo

De verbo a verbo

domingo, 17 de febrero de 2013

A min que me Aspen!!!

Non teño idea de fútbol, pero hai tempo que teño a estrana sensación de que no Celta só xoga Iago Aspas. Paréceme que é case o único que mete os goles, é o "pichichi" que todos queren fichar,mesmo a selección española. Poderían ser paranoias miñas; pero onte Paco Herrera viumo confirmar botando a culpa do resultado en Getafe ó carismático moañés.Se non xoga Aspas, non hai partido...

viernes, 15 de febrero de 2013

Nunca facemos nada

Con xente coma nós non habería revolución francesa, nin maio do sesenta e oito. Tragamos con todo, si. Laisser faire, laisser passer. Esa etena revolución pendente, e iso que aquí si, en Vigo, baixo os adoquíns está a praia

domingo, 10 de febrero de 2013

Os chopos de Coia

Os chopos de Coia deixaron máis follas que os bidueiros e noutono, pero follas de xornal. Os chopos de Coia foron trending topic de nadal a febreiro; tanto no faro coma na voz coma no xornal oceánico, ou nas roldas de prensa do PP. Os chopos de Coia xa son máis famosos que o olmo de Machado.Os chopos de Coia deben ter xa unha causa en change.org, xa teñen os seus poemas e os seus corazóns espetados e hai quen di que a punto estivo Tita Cervera de vir atarse a eles. Son unha causa romántica e ecoloxista. Son o único verde nun barrio gris escuro de cemento habitado por traballadores do metal e de caixanova. O único verde que apodrece e que cobre os coches coas súas pólas e as casas todas dunha manta de pole branco. Os veciños deste barrio de aluvión están fartos dese po en suspensións, deses flocos, desas faíscas, desa alerxia e dessa caída de árbores. Pero nós, os que vivimos no centro, os do PP,os do Atlántico, os do Faro ou os da Voz, ou os ecoloxistas e mesmo os da asociación veciñal vémo-las árbores a trinta quilómetros de velocidade desde o coche e pensamos qué bonitas son! Porque alí as colocou o paisaxista Francisco de Sales e configuran un bonito paseo cuxas molestias non temos que aturar. Os chopos de Coia son xa como o olmo de Machado ou a árbore de Guernica, ou a oliveira do escudo vigués que tanto arraigaron que ninguén pode xa con eles.

sábado, 9 de febrero de 2013

Potito party, de "Perdidas nas Cíes"

Na Illa de Perdidas vívese un cambio tecnolóxico sen precedentes cando a produtora decide enviar unha unidade móbil nova. Podiamos facer un programa de radio di Choni todo chea, feita un brazo de mar. Maruja abre os ollos e só pensa que aquilo lle vai dar máis traballo e non pode soporta-la idea, Pija segue a buscar cobertura co aifon 5. Si, si, esta decidido imos facer un programa de radio, de corte feminino; falaremos deses temas que tanto interesan a nó-las mulleres: nenos, maridos, roupa, tecnoloxía, decoración... médicos... Sí, si di Maruja que xa lle empeza a ve-lo punto ó novo programa. Ás nove facemos a primeira rolda de conexións: ademais da hora e da temperatura, a xente que chame contará qué tal pasou a noite o seu bebé, faremos un seguemento en detalle de tódalas que nos chamen. Sí, sí que guai, di Pija, que xa se estaba afacendo ás conversas sobre, cueiros, apiretais, dalsis e zurullos infantís de tódalas cores e espesuras. Este microespazo pódenos levar unha hora, porque estes temas interesan moito e pásase o tempo nun salouco. Faise curto mesmo. Sí, si di Maru, a xente pode chamar e consultano-las súas dúbidas sobre os xenéricos... Logo teremos que dedicarnos un pouco ás actividades do reality show: a pesca de fanecas, e de rapantes para comer, pero sen estrés eh? di Maru. Ás once e media break coffe di Pija. Cómo? pregunta Maru, qué é bricofi? Pausa para o café di Pija, carallo parece como se nunca saíses da Gran Vía, Maru,hai que viaxar máis, aínda que sexa de cámping... Se alguén ten que facer unha compriña, a hora ideal é esta logo de break coffe di Choni. Aí nos queda un ratiño no que podemos volver ás actividades propias do reality show. Pero xa á unha é unha boa hora para facer unha rondiña de guasaps, deses que parecen power points e que son moi divertidos, a min mólanme eses do gatiño que fala son ideais di Maru. Eu teño uns moi bos pero só se poden transferir a móbiles de apple di Pija, falando do único que fala desde a chegada dos smartphones... Unha e media, tertulia no bathrroom di Pija, si, si unha conversa informal no baño, iso dálle moito xeito a calquera programa como en Gran Irmán ou Ally Mcbeal di Choni. Pero a Maru, non lle convence, non quere que se lle apalanquen no baño, onde ela pasa as horas mortas perdendo o tempo e zafando do chollo, aínda que non se atreve a dicir nada. E chegamos ás dúas di Choni, haberá que parar para comer algo non? E así pasan os días ata que o planning do novo programa de radio non é aprobado pola cadea de televisión. - Joer, se isto parece un programa da sección feminina, a quen carallo pode interar tanto potito, tanto cueiro e tanto guasap...? Di o director xeral!

sábado, 2 de febrero de 2013

De como chegou a tarxeta do crego de Pazos de Borbén a un puticlub do Porriño

Sucedido periodístico, baseado en narracións orais. Pazos,la nuit, ou Pazos, exterior, noite como prefirades. Catro ghichiños, catro, tres de fala galega e unha muller portuguesa abren a cancela do camposanto de Pazos de Borbén, atravesan o adro,e rompen a porta da casa reitoral. Mallan no crego,átano de pés e mans e amordázano tamén logo de esixirlle a tarxeta do banco,e a clave. Déixano deitado no chan coa cabeza baixo a cama.Como tódolos bos atracos rematan cunha fuxida, un dos catro fuxiu, outros dous volveron á casa; e o último deles rematou nun puticlub do Porriño, moi sabiniano el. Deberon "rularse" a tarxeta e puliron 1.700 euros en caixeiros e puticlub. E non sei se foi "Maruja la cachonda" a que cantou ou foi o ronsel da "Servired", aínda que a vella que nolo contou nos dixo que o crego era de Caixanova e o puticlub do Pastor, algo que debeu dificulta-la investigación, o caso é que os tres remataron na Lama, e a operación está por pechar...